Na comarca de Ferrolterra, un grupo de intrépidos rapaces, devorados polo tedio vital producido pola televisión, a comarca e o panorama musical da súa cidade, conxúranse para buscar unha solución radical o problema, afán que concretarán en deseñar e enviar unha nave que situará máis alá da estratosfera un satélite tripulado, dende o que emitirán para todo o planeta un programa de TV pirata dende o que berrar o coñazo que era vivir en Ferrol naquela época...
(Descárgate gratuitamente VeohTVpara disfrutar do programa íntegro).
O Volume 3 de "Gorevision TV" contén: videoclip "Rock Lobster" de B'52; cortinilla Sub-Pop; videoclip "Bien mejor" de Los Deltonos; videoclip "Cannonball" de The Breeders; videoclip "Hang Ong" de Teenage Fanclub; cortinilla "Vertigo"; spot publicitario Medias Berkshire; videoclip "Anybody out there" de Dwarves; entrevista con Australian Blonde + Kactus Jack; "saudo Sex Museum"; Los Dramáticos (Coruña) en directo interpretando "El Valle" en Bristol Club (Ferrol) e cortinilla "Apocalypse Now".
eu que aspiraba a ser fan teu e ao final vas ser ti fan da familia harvey hahaha ;) bicos tamén pra ti musa telefónica inspiradora... teño gana de verte a ver se un día me invitas a un pase en dvd de algunha película sulcoreana e logo debatimos cun licorK sobre a metáfora filosófica da narrativa cinematográfica :P
que carallo pasa neste foro? todo o mundo lurkeando sen participar? veña temos que animar o cotarro... a min o presentador pareceme algo frouxo... que vaia a unha academia de baile a aprender o método stanislavski (persoalmente prefiro a gerzy grotoski) ho ho ho!
Realmente Moderno ti es un crack¡¡¡¡Tesme flipada. Que risa. Isto é boísimo¡ BICOS,bicos, bicosssssssssssss:)))