O outono de 1993 tivo que ser frenético nas vidas dos protagonistas desta historia galáctica. Podemos imaxinalos organizando xuntanzas, tomando decisións, investindo tempo e diñeiro na grande causa que lles agardaba. Galiza, que vivía os estertores do último gran Xacobeo, non sabía o que se aveciñaba.
Recentemente chegaron ao noso poder algúns deseños en papel do que parece ser o interior do satélite Gorevisión. Os nosos servizos de información están investigando a fiabilidade da fonte mas nós non podiamos esperar nin un momento sen amosarvos este documento. Aínda que descoñecemos a autoría de tal debuxo atopamos innumerábeis coincidencias coas imaxes amosadas no vídeo do post anterior. Se alguén ten información ao respecto que deixe un comentario e axiña nos poñeremos en contacto con el/a.
De tódolos xeitos non teñades perda que aquí haberá cumprida información de todo canto vaiamos descubrindo desta odisea espacial galaica.
Este interior do satélite Gorevisión é moi chulo. Si señor, Capitán Harvey. O do vídeo do post anterior é vostede Capitán. pOR CERTO, aSOR E EU QUERERÍAMOS DESTACAR o bo gusto de utilizar elementos decorativos de obxectos do pasado como o timón. Vamos isto que dan en chamar os estetas "estilo revisionado"
Unha aperta dende o Navungalov asorita para vostede...