Paseniño vaise achegando o momento de que comece a saga espacial e musical máis grande da historia da televisión na Galiza. O Capitán Harvey, primeiro astronauta galego no espazo exterior (de xeito contrario á crenza institucional), subido no satélite Gorevisión e apoiado na tecnoloxía desenrolada por Base San Xoán deran un grande paso na evolución musical, televisiva e galáctica da nosa terra. Desde a comarca de Trasancos e con valentía e coraxe levaran o seu proxecto a bo fin, era o ano 1994 da era moderna.
Neste blog teredes tempo de comprobar os acontecementos que mudaran a vida de tod@s aquel@s que puderan asistir a este magno evento. Moitos meses de traballo, sacrificio e devoción pola música serán amosados desde esta xanela para os vosos ollos incrédulos. Se xa coñecías a historia volverás a vivila, se non.... preparate para o que está por vir!
Berraredes con nós: GOREVISIÓN A TÚA DIVERSIÓN!
pois isto pareceme verdaderamente xenial aqui tedes o voso compañeiro pra axudaros no q faga falta ..pola galaxias q tam por vir.jejjej
unha aperta & electro saudos