16 de agosto de 2008
Road to Laponia

Porque en Gorevision TV creemos nunha Galiza moderna, cosmopolita, de vangarda, desprexuizada, intelixente, fresca e sobre todo chea de artistas arriscados e con talento. Sempre apoiaremos propostas coma a de “Planeta 19 de Boy Elliott & The Plastic Bags, que ven de ser elixida polo xurado de Apologhit 2008 coma o tema que representará ao noso país no eurofestival Liet-Lavlut, que terá lugar o 18 de outubro na cidade lapona de Luleå.

Temos o pracer de presentárvolo vídeo por nos perpetrado coma complemento a tan fantástica canción. O collage visual elaborouse a partires da curtametraxe “AmalgmA” de Ivan Zulueta.


 
proposto por Gorevision TV ás 13:16 | Permalink | 0 comentarios