Na comarca de Ferrolterra, un grupo de intrépidos rapaces, devorados polo tedio vital producido pola televisión, a comarca e o panorama musical da súa cidade, conxúranse para buscar unha solución radical o problema, afán que concretarán en deseñar e enviar unha nave que situará máis alá da estratosfera un satélite tripulado, dende o que emitirán para todo o planeta un programa de TV pirata dende o que berrar o coñazo que era vivir en Ferrol naquela época...
(Descárgate gratuitamente VeohTVpara disfrutar do programa íntegro).
O Volume 22 de Gorevision TV contén: video clip "Starsign" de Teenage Fanclub; cortinilla "La balada de Cable Hogue"; Tinderstick en directo interpretando "Jism"; video de clip "Lucky guy" de The Muffs; video clip "Too thin" de Sex Museum; video clip "You wake up my neighbourhood" de Billy Bragg; cortinilla "Una noche en Casablanca"; spot publicitario NIKE con Bugs Bunny & Michael Jordan; video clip "Kiss my mouth" de Magnapop; video clip "That's entertainment" de The Jam; video clip "Jumpin Jack Flash" de Rolling Stones; curtametraxe "Tonterias" (1989) de Jeunet & Caró e video clip "T.V. Party" de Black Flag.
(Descárgate gratuitamente VeohTVpara disfrutar do programa íntegro).
O Volume 21 de Gorevision TV contén: video clip "Freedom" de Rage Against the Machine; video clip "Hang on to your ego" de Frank Black; publicidade Disco Pub “La naranja mecanica” (Ferrol); video clip “That was the day” de The The; cortinilla “MASH”; Entrevista Blood Filloas (Fernando Cabalo, Victor Filloa, Colas Lage & Dani Filloa aka Boy Elliott); video clip “El Moscardon” de Soul Bisontes; publicidade sello discografico "De Plastico Guay" (Alberto Lodeiros); spot publicitario CONRANS; video clip “Ziggy Stardust” de Bauhaus; video clip “Desde que gobierna Franco” de El hombre del Campo; curtametraxe “Mama” (1988) de Pablo Berger; video clip “There’s no other way” de Blur; Smashing Pumpkins en directo interpretando “Geek”; homenaxe a Henry Mancini.
Gorevision TV, Vol. 20: Garrulos Lisérxicos do Espacio Exterior
Este fotograma pertence a un dos episodios perdidos de Gorevision TV, aquel que contiña unha inconmensurable entrevista-duelo-performance realizada man a man entre Santiago Segura e o malogrado cineasta Toñito Blanco, autor dun dos buques insignias do cinema galego independente moderno, “La matanza caníbal de los garrulos lisergicos”. Non perdémola esperanza de atopar ese incunable VHS algún día, nalgunha perdida estanteria ou polvoriento caixón e podérvolo ofrecer para voso deleite.
Namentres, rememorémola obra do coruñés con este tráiler realizado xa fai mais de dez anos polo noso equipo.
Porque en Gorevision TV creemos nunha Galiza moderna, cosmopolita, de vangarda, desprexuizada, intelixente, fresca e sobre todo chea de artistas arriscados e con talento. Sempre apoiaremos propostas coma a de “Planeta 19” deBoy Elliott & The Plastic Bags, que ven de ser elixida polo xurado deApologhit 2008coma o tema que representará ao noso país no eurofestival Liet-Lavlut, que terá lugar o 18 de outubro na cidade lapona de Luleå.
Temos o pracer de presentárvolo vídeo por nos perpetrado coma complemento a tan fantástica canción. O collage visual elaborouse a partires da curtametraxe “AmalgmA” de Ivan Zulueta.
Pois eso, que nos imos de vacacións algo menos de tres mesiños, graciñas a tódolos que continuades séndonos fieis, vos temos vixiados ; ) . Aínda queda moito Gorevision TVque dar, máis da metade dos programas todavía están no caixón desexando saír a luz. E de xustiza agradecer a Ruben Coca polo seu actual apoio loxístico, e lembrar tamén a Cuco de Quadra Produciónspor ofrecernos a súa colaboración durante tantos meses, de forma ademais absolutamente desinteresada ambos. Gracias a xente coma vos prodúcese a milagre.
O Volume 19 de Gorevision TV contén: video clip "Disarm" de Smashing Pumpkins; video clip "Alive" de Pearl Jam; publicidade sello discografico "De Plastico Guay" (Alberto Lodeiros); video clip "Are you gonna go my way" de Lenny Kravitz; Nirvana en directo interpretando "All apologies"; Gustavo Harvey, Julen Peligro e Xaime Portobello entrevistando a Juan de Pablos & Cool Jerks en el Playa Club (A Coruña); Performance Marcos Lopez Troup en el Playa Club (A Coruña); spot publicitario "L'Agence du Courtmetrage" de Jeunet & Caró; Blood Filloas en directo interpretando "Psycho" en Bristol Club (Ferrol); cortinilla "La Matanza de Texas"; video clip "Meet the Flinstones" de B-52's; video clip "Man size" de P.J. Harvey; Johnny Thunders en directo interpretando "Personality crisis" e video clip "Heroes" de David Bowie.
(Descárgate gratuitamente VeohTVpara disfrutar do programa íntegro).
O Volume 18 de Gorevision TV contén: video clip "I'm lost and i'm found" de The Godfathers; publicidade Sello Discográfico Gal&Cía (Luis Iñiguez); video clip "Nowhere" de Theraphy?; Cortinilla Sub Pop; James Brown en directo interpretando "Out of sight"; Gustavo Harvey entrevista a Los Flechazos en La Nave (Ferrol); Cortinilla "Una noche en la Casablanca"; Playback "Viva Corrales" de Las Ruedas; Minor Threat en directo interpretando "¿?"; spot publicitario "L'Agence du Courtmetrage" de Jeunet & Caró; video clip "Deanna" de Nick Cave; Entrevista a Australian Blonde en La Nave (Ferrol); video clip "El avestruz" de La Polla Records e video clip "Plush" de Stone Temple Pilots.