24 de abril de 2007
A saga está próxima!

Paseniño vaise achegando o momento de que comece a saga espacial e musical máis grande da historia da televisión na Galiza. O Capitán Harvey, primeiro astronauta galego no espazo exterior (de xeito contrario á crenza institucional), subido no satélite Gorevisión e apoiado na tecnoloxía desenrolada por Base San Xoán deran un grande paso na evolución musical, televisiva e galáctica da nosa terra. Desde a comarca de Trasancos e con valentía e coraxe levaran o seu proxecto a bo fin, era o ano 1994 da era moderna.

Neste blog teredes tempo de comprobar os acontecementos que mudaran a vida de tod@s aquel@s que puderan asistir a este magno evento. Moitos meses de traballo, sacrificio e devoción pola música serán amosados desde esta xanela para os vosos ollos incrédulos. Se xa coñecías a historia volverás a vivila, se non.... preparate para o que está por vir!

Berraredes con nós: GOREVISIÓN A TÚA DIVERSIÓN!
 
proposto por Gorevision TV ás 20:37 | Permalink | 2 comentarios