Algúns pensan que foi alá polo final da década dos 90; no momento en que Tele 5 estreou un formato arxentino "PNP (Perdone Nuestros Pecados)" presentado por Jordi Estadella e Inma del Moral. O programa morre o pouco tempo debido as protestas do resto de cadeas. Non se consideraba apropiado que un espacio usara o traballo dos demais a pantalla completa, e de forma tan descarada. Despois chegou "Lo + Plus" e integrou dous minutiños de zapping ("Zap zap zapping") dentro dun esquema de magazine clásico. E moitos poden considerar este coma o zapping primixenio, o orixinal, cando ignoran unha realidade absolutamente insólita...
O primeiro programa feito cos momentos mais destacados das outras cadeas de televisión, naceu en Galicia, a partires de decembro de 1993 (e antes que ningunha das cadeas anteriormente citadas) ofrecendo un espacio inspirado no “Collage”; esa técnica ideada por xenios da pintura coma Picasso ou George Braque no que da mesma forma que estes artistas utilizaban fotografías, madeira, pel, xornais, revistas, obxectos de uso cotiá, etc... para crear algunhas das súas obras, no caso do espacio televisivo se valían de videoclips, playbacks, spots publicitarios, curtametraxes, micropezas experimentais (o collage dentro do collage), extractos de filmes, gravacións amateurs de espectáculos musicais, entrevistas piratas a coñecidos popes da subcultura daquel tempo, etc... Material -en moi boa parte- obtido do arquivo freakie composto por mais de 3000 cintas VHS recompiladas das colecciones privadas dos cerebros da irrepetible saga espacial... e o seu nome foi -coma xa supoñedes- “Gorevision TV” ¿que non o creedes? Pois comprobadeo cos vosos ollos, estade moi atentos, xa falta menos.
Basesanxoan,como vai? Xa está próxima a reposición dun proxecto duns visionarios do espacio.¿Que teñades ou teñamos sorte? Despois de ollear Vieiros non sei como expresarme.Rexurden vellos pantasmas.......RISAS.... bOA SORTE PRA TOD@S ERA UNHA PEQUENA PANTOMIMA