24 de janeiro de 2008
O rapto do Vol. 5

Como ben podedes comprobar se intentades ver o programa número 5 a ligazón non vai. Ben, iso non é un problema de que andemos coa empanada posta e non saibamos colocar os html como Dior manda. Iso é un secuestro por parte do GoogleVideo deste programa porque alguén (seu nome non o sabemos, tanto nos ten) denunciou como inapropiados os contidos do programa (vaia conachada!), e como semella que no da internet es culpábel ata que demostras a túa inocencia (e non ao revés) pois así quedou a cousa.

Podiamos mostrar batalla e andar loitando contra xigantes con aspas de muiño porén últimamente somos máis prácticos que utópicos así que decidimos sacarlle a lingua aos caras de cu e montarnos a festa pola nosa conta e como o que nos sobran son amigos que nos axuden... pois xa temos un par de servers á nosa disposición e algún que outro programador para facernos un reproductor en flash desde o que podades seguir disfrutando de Gorevisión sen ter que vos preocupar por novas interrupcións.

É posíbel que haxa certa demora na emisión dos programas mais pagará a pena agardar só por lle dar na fronte aos amargados que queren silenciar estes documentos históricos da Tv alternativa galega.

Temos previsto, no entanto, seguir colgando os seguintes programas 6, 7, etc. GoogleVideo por se o amargado que nos denunciou quere seguir perdendo o tempo clicando INAPROPIADO!

Nada máis mociñas e mociños... disfrutade e non esquezades mineralizarvos e seguir disfrutando de ....

GOREVISIÓN A TÚA DIVERSIÓN
 
proposto por Gorevision TV ás 20:32 | Permalink |


1 Comentarios: