
Este fotograma pertence a un dos episodios perdidos de Gorevision TV, aquel que contiña unha inconmensurable entrevista-duelo-performance realizada man a man entre Santiago Segura e o malogrado cineasta Toñito Blanco, autor dun dos buques insignias do cinema galego independente moderno, “La matanza caníbal de los garrulos lisergicos”. Non perdémola esperanza de atopar ese incunable VHS algún día, nalgunha perdida estanteria ou polvoriento caixón e podérvolo ofrecer para voso deleite.
Namentres, rememorémola obra do coruñés con este tráiler realizado xa fai mais de dez anos polo noso equipo.