31 de janeiro de 2008
Gorevision TV, Vol. 6: Fernando Harvey Dragó e a Enigmática Forma de Vida


O Volume 6 de Gorevision TV contén: homenaxe Joseph Cotten (1906 - 1994); video clip "Who was in my room last night?" de Buthole Surfers; video clip "Downtown train" de Tom Waits; video clip "Bruise violet" de Babes in Toyland; Credence Clearwater Revival en directo interpretando "Keep on choogling"; cortinilla "El nombre de la rosa"; spot publicitario Pepsi Cola; video clip "Let there be rock" de Henry Rollins and the Hard Ons; Gustavo Harvey e Xaime Portobello entrevistando a The Chevelles (Australia) en el Playa Club (A Coruña) e cortinilla "Los jueves milagro".
 
proposto por Gorevision TV ás 21:17 | Permalink | 1 comentarios
28 de janeiro de 2008
Gorevision TV, Vol. 5: Menu radiactivo


O Volume 5 de Gorevision TV contén: video clip "Sugar Kane" de Sonic Youth; cortinilla "Recuerda"; video clip "Fuerte" de Surfin' Bichos; video clip "In the city" de The Jam; video clip "Soft Queenie" de PJ Harvey; cortinilla "Los pasajeros del tiempo"; spot publicitario Cola Cao; video clip "Creep" de Radiohead; spot homenaxe Juan Manuel Gantes; cortinilla "MASH"; Australian Blonde en directo interpretando "Chup Chup" en Bristol Club (Ferrol) e cortinilla "La balada de Cable Hogue".
 
proposto por Gorevision TV ás 23:00 | Permalink | 0 comentarios
24 de janeiro de 2008
O rapto do Vol. 5

Como ben podedes comprobar se intentades ver o programa número 5 a ligazón non vai. Ben, iso non é un problema de que andemos coa empanada posta e non saibamos colocar os html como Dior manda. Iso é un secuestro por parte do GoogleVideo deste programa porque alguén (seu nome non o sabemos, tanto nos ten) denunciou como inapropiados os contidos do programa (vaia conachada!), e como semella que no da internet es culpábel ata que demostras a túa inocencia (e non ao revés) pois así quedou a cousa.

Podiamos mostrar batalla e andar loitando contra xigantes con aspas de muiño porén últimamente somos máis prácticos que utópicos así que decidimos sacarlle a lingua aos caras de cu e montarnos a festa pola nosa conta e como o que nos sobran son amigos que nos axuden... pois xa temos un par de servers á nosa disposición e algún que outro programador para facernos un reproductor en flash desde o que podades seguir disfrutando de Gorevisión sen ter que vos preocupar por novas interrupcións.

É posíbel que haxa certa demora na emisión dos programas mais pagará a pena agardar só por lle dar na fronte aos amargados que queren silenciar estes documentos históricos da Tv alternativa galega.

Temos previsto, no entanto, seguir colgando os seguintes programas 6, 7, etc. GoogleVideo por se o amargado que nos denunciou quere seguir perdendo o tempo clicando INAPROPIADO!

Nada máis mociñas e mociños... disfrutade e non esquezades mineralizarvos e seguir disfrutando de ....

GOREVISIÓN A TÚA DIVERSIÓN
 
proposto por Gorevision TV ás 20:32 | Permalink | 1 comentarios
17 de janeiro de 2008
Gorevision TV, Vol. 4: Atmosfera baixo cero


O Volume 4 de Gorevision TV contén: playback "Bigmouth strikes again" de The Smiths; playback "I don´t want to kiss you" de Cool Jerks; video clip "Garbage man" de Hole; cortinilla "Una noche en Casablanca"; video clip "Sliver" de Nirvana; cortinilla "Toma el dinero y corre"; spot publicitario LOIS; entrevista + directo de Blood Filloas e Kactus Jack en directo en Bristol Club (Ferrol) interpretando "Tucuman".
 
proposto por Gorevision TV ás 21:20 | Permalink | 0 comentarios
10 de janeiro de 2008
Gorevision TV, Vol. 3: Esto da falta de gravidade, será grave?

Watch Gorevision TV, Vol. 3: Esto da falta de gravidade, sera grave? in Music | View More Free Videos Online at Veoh.com

(Descárgate gratuitamente VeohTV para disfrutar do programa íntegro).


O Volume 3 de "Gorevision TV" contén: videoclip "Rock Lobster" de B'52; cortinilla Sub-Pop; videoclip "Bien mejor" de Los Deltonos; videoclip "Cannonball" de The Breeders; videoclip "Hang Ong" de Teenage Fanclub; cortinilla "Vertigo"; spot publicitario Medias Berkshire; videoclip "Anybody out there" de Dwarves; entrevista con Australian Blonde + Kactus Jack; "saudo Sex Museum"; Los Dramáticos (Coruña) en directo interpretando "El Valle" en Bristol Club (Ferrol) e cortinilla "Apocalypse Now".
 
proposto por Gorevision TV ás 21:24 | Permalink | 2 comentarios
3 de janeiro de 2008
Gorevision TV, Vol. 2: Problemas de osíxeno!

Watch Gorevision TV, Vol. 2: Problemas de osixeno! in Music | View More Free Videos Online at Veoh.com

(Descárgate gratuitamente VeohTV para disfrutar do programa íntegro).

O Volume 2 de "Gorevision TV" contén: videoclip “Tilted” de Sugar; Los Planetas interpretando "Mi hermana pequeña" en directo; cortinilla "Qué fue de Baby Jane?"; videoclip "I'm going home" de Dinosaur Jr; videoclip "My sister" de Juliana Hatfield; cortinilla "Saudo Australian Blonde + Kactus Jack"; spot publicitario Gallina Blanca; videoclip "Metal Mickey" de Suede; entrevista con Sex Museum (Madrid) e Sex Museum en directo interpretando "Liar" en Bristol Club (Ferrol).
 
proposto por Gorevision TV ás 21:28 | Permalink | 0 comentarios