27 de dezembro de 2007
Gorevision TV, Vol. 1: Eu son o Capitan Harvey!
O Volume 1 de "Gorevision TV" contén: videoclip “Riding on the rocket” de Shonen Knife; cortinilla “Amarcord”; videoclip “Nuevo Harlem” de Lagartija Nick; videoclip “Merry Christmas” de Slade; videoclip “Fairytale in New York” de The Pogues; cortinilla “Que bello es vivir!”; spot publicitario Pile 43; videoclip “Into your arms” de Lemonheads; entrevista con Los Lagartos (Ferrol); cortinilla “Saudo Sex Museum” e Os Maruxa (Cedeira) en directo interpretando “Russian Roulette” en Bristol Club (Ferrol).
 
proposto por Gorevision TV ás 21:23 | Permalink | 4 comentarios
17 de dezembro de 2007
O Zapping que te fundou!!!!
Estamos a 17 de decembro de 2007. Os programas de “zapping” enchen a parrilla de tódolos canais de TV. Insertados tanto en horas aparentemente mortas coma en “prime time”, dan ao público unha ración de televisión minimalista, teoricamente o mais do mais de cada canle, o imprescindible, os "must see" da tele peninsular. Pero... ¿de ónde xurdiu o fenómeno? ¿Quén dou o pistoletazo de saída a este formato?

Algúns pensan que foi alá polo final da década dos 90; no momento en que Tele 5 estreou un formato arxentino "PNP (Perdone Nuestros Pecados)" presentado por Jordi Estadella e Inma del Moral. O programa morre o pouco tempo debido as protestas do resto de cadeas. Non se consideraba apropiado que un espacio usara o traballo dos demais a pantalla completa, e de forma tan descarada. Despois chegou "Lo + Plus" e integrou dous minutiños de zapping ("Zap zap zapping") dentro dun esquema de magazine clásico. E moitos poden considerar este coma o zapping primixenio, o orixinal, cando ignoran unha realidade absolutamente insólita...

O primeiro programa feito cos momentos mais destacados das outras cadeas de televisión, naceu en Galicia, a partires de decembro de 1993 (e antes que ningunha das cadeas anteriormente citadas) ofrecendo un espacio inspirado no “Collage”; esa técnica ideada por xenios da pintura coma Picasso ou George Braque
no que da mesma forma que estes artistas utilizaban fotografías, madeira, pel, xornais, revistas, obxectos de uso cotiá, etc... para crear algunhas das súas obras, no caso do espacio televisivo se valían de videoclips, playbacks, spots publicitarios, curtametraxes, micropezas experimentais (o collage dentro do collage), extractos de filmes, gravacións amateurs de espectáculos musicais, entrevistas piratas a coñecidos popes da subcultura daquel tempo, etc... Material -en moi boa parte- obtido do arquivo freakie composto por mais de 3000 cintas VHS recompiladas das colecciones privadas dos cerebros da irrepetible saga espacial... e o seu nome foi -coma xa supoñedes- “Gorevision TV” ¿que non o creedes? Pois comprobadeo cos vosos ollos, estade moi atentos, xa falta menos.


 
proposto por Gorevision TV ás 21:06 | Permalink | 4 comentarios
3 de dezembro de 2007
Klaatu Barada Nikto!!!!
Qué tempos aqueles nos que con catro patacóns, moito esforzo, imaxinación, e certa doses de kamikaze inconsciencia, ofrecíanselle ó público productos audiovisuais que, ademais de entreter, producían no espectador un efecto posterior de complicidade, alcanzando na lembranza inesquecible unha dimensión que chegaba a transcender á pantalla...

Pero, ó parecer todo iso se perdeu como bagoas na choiva... é hora de morrer? NON!!!!!!!!!!!
Faltan 24 días, 5 horas e 40 minutos para que todos berremos ao unísono: “Klaatu Barada Nikto!!!!”... ups, perdón, quero dicir: “Gorevision a túa diversión!!!”... En que estaría pensando ; )

 
proposto por Gorevision TV ás 18:04 | Permalink | 6 comentarios