22 de novembro de 2007
Comeza a conta atrás...
Cando faltan 35 días, 21 horas e 6 minutos para a emisión do primeiro programa, comeza a conta atrás e vaise achegando o momento de que comece a saga espacial e musical máis grande da historia da televisión na Galiza...

Ide afiando os dentes!!!!

 
proposto por Gorevision TV ás 06:48 | Permalink | 4 comentarios
9 de novembro de 2007
Satelite Galego a partires dun deseño Soviético
Veñen de ser postas a luz nun Magazine da BBC británica os estudios feitos no ano 1957, por científicos da Unión Soviética nos que se explican como faceres no garagem da túa casa aquela marabilla da tecnoloxía espacial da época, que foi o Spútnik. Estas investigacións, producto do traballo dos mellores enxeñeiros e investigadores da antiga URSS, son xa coñecidas dende algún tempo na nosa terra. Un dos cerebros máis privilexiados da investigación aeroespacial, o Doutor Vetusto (Caranza, 1975), utilizara xa esta documentacion no ano 1993 para desenrolar nas instalacions ultrasecretas de Basesanxoan (San Xoan de Filgueira, Ferrol) un proxecto insólito que conseguiu dar forma a primeira nave espacial tripulada e con bandeira galega, o Satélite Gorevision.
 
proposto por Gorevision TV ás 21:00 | Permalink | 0 comentarios